Un feliz mundo novo
Aldous Huxley
257 pages, Paperback
ISBN: 8483020564
ISBN13:
Language: Galician
Publish: December 30, 1996
AudiobookClassicsDystopiaFantasyFictionLiteratureNovelsPhilosophySchoolScience Fiction
Ó sobrevoaren o crematorio, o helicóptero disparouse verticalmente por efecto da columna ascendente de aire quente que saía das chemineas, caendo de socato ó alcanzar unha miguiña despois o aire frío descendente. -¡Que gloria de montaña rusa! -riu Lenina encantada. Pero o ton de Henry volveuse momentaneamente melancólico. -¿A que non sabes o que foi ese vaivén? -preguntou-. Pois foiche un ser humano que desaparecía para sempre ascendendo no medio daquela bafarada de gases quentes. Sería interesante saber de quen se podería dun home, dunha muller, dun Alfa, dun Épsilon… -Suspirou; logo, con voz resolta e leda concluí Tanto ten, haiche unha cousa da que podemos estar seguros, quenquera que fose, foi feliz mentres viviu. Todo o mundo é feliz nestes tempos.